Candidatura | Autonomicas Podemos

Alexo Breogán Riobóo Lois

Alexo Breogán Riobóo Lois
Galicia

Biografía

Son Monitor e Director de Ocio e Tempo Libre aínda que levo catro anos traballando de teleoperador, algo que nunca pensei que faría, mais como acostumo a facer en todo aquilo no que me implico, tento dar o 100% A miña implicación social vén influída pola miña infancia, de vivir nunha familia numerosa onde a única persoa que traballaba era despedida cada certo tempo para evitar facela indefinida ou incluso tiña que marchar a traballar ao estranxeiro cobrando o mesmo que se estivera aquí. Con esas condicións, na casa necesariamente tiñamos que mentirlle para que non se preocupara cando chegaba cada final de mes... Sendo de Narón e tendo vivido entre a miña cidade e a veciña Ferrol, as condicións viñan dadas para que non ficara na casa de brazos cruzados, e aínda así, reconversión tras reconversión e co veto ao estaleiro aínda en pé, Ferrol segue coa súa morte lenta e agónica. Participei activamente pelexando polos dereitos colectivos alí onde estiven, comezando co impactante Nunca Máis que me colleu aos 16 anos, e continuando nos movementos estudantís contra o Plan Boloña dos que participei activamente no meu tránsito pola Universidade da Coruña. Hai 4 anos que vivo na Coruña, cidade que me deu traballo estable, aínda que precario, cheguei a mileurista un par de meses, e como a loita continua, pois desta volta impliqueime na defensa dos dereitos laborais das compañeiras e compañeiros @BreoganRL https://www.facebook.com/breogz

 

Motivación

Son unha persoa comprometida co que me rodea, o que fai que alá onde vaia sempre me implique dentro das miñas posibilidades na procura dun cambio social necesario. Cómpre avanzar e evolucionar a sociedade na que vivimos para lograr entre outras cousas unha igualdade real para todas e todos. Son xa moitos os proxectos políticos que quixeron facer de Galiza unha sociedade mellor, a través de políticas mñáis ou menos alternativas, e que non acaban de implantarse socialmente por motivos diferentes. PODEMOS quere rachar con iso, quere vehicular os anhelos cidadáns cara as institucións para democratizalas e para rescatalas das fauces daquelxs que levan anos mirando para o seu peto e dándolle ás costas á xente. Non queremos seguir aturando gobernos contra a maioría, e a miña intención é poñer todo da miña parte para que PODEMOS en Galiza non se convirte nalgo como o que xa existe, senón que chegue a ser o referente social para cambiar as políticas para favorecer ao 99% fronte ao 1% que vive por riba das nosas posibilidades. Por estes motivos, e polos ánimos da xente de difirentes Círculos e da sociedade en xeral que me dixeron que chegaba o intre de dar pasos firmes, asumo a enorme responsabilidade e o grandísimo reto que supón presentar a miña candidatura á Secretaría Xeral de Podemos Galiza, cos pés na terra, e a cabeza ben alta de todo o feito ata aquí. Entre todas e todos PODEMOS!

 

Documento Político-Organizativo

© 2020 Autonomicas Podemos. Podemos - Proceso constituyente autonómico